Petos de Animas

Tamén chamados Almiñas, son sencillos monumentos de pedra ou madeira  que normalmente se atópan en encrucixadas, camiños e adrios de igrexas. A súa localización as veiras dos camiños responde a crenzas antigas na epoca dos romanos que o cristianismo soupo adaptar a u seu credo. A súa finalidade é de ofrecer esmolas de todo tipo as ánimas do Purgatorio, para así poder alcanzar o Ceo. As esmolas non eran só de caracter monetario, xa que se ofrecían productos agrícolas como o millo, patacas, etc.
Constan de tres partes fundamentáis; que son: Pedestal, Retablo e  Cruz: Xeneralmente as imáxes que compoñen o retablo representan as almas con o lume do Purgatorio acompañadas dunha figura que as vela, podendo ser un Santo ou un Bispo