Cruceiros

                       OS CRUCEIROS
Son construccions xeralmente de pedra, e podese decir que é unha das mostras máis fermosas da arquitectura popular galega
O cruceiro chega a nós procedente de Irlanda, constituie unha cristianización dos menhires e miliarios romanos. A partir do seulo IX e X ,con a idea de influir do pobo, surxe un novo estilo dos cruceiros, con decoracions de escenas tomadas da Biblia. Xa máis tarde, evolucionan de forma  como a hoxe os vemos, gradas para o descanso, fuste ou varal donde se graban os signos da pasión ou se pón a imaxe de algún Santo, capitel máis ou menos ornamentado, e cruz que xeneralmente ten un Cristo de frente, e a Virxen Maria as costas.
 A expresión máis simplificada do cruceiro e a cruz de pedra, sen máis. Existen tamén os denominados cruceiros de capela os cales o capitel está sustituido por unha capela de pedra con imaxes
O cruceiro alcanza o seu esplendor máximo no periodo gótico e barroco.

Partes dun Cruceiro
  •  Plataforma- Con forma de gradas
  •  Base- Normalmente cuadrangular liso e con inscipcions
  •  Fuste ou Varal- Cuadrangular, octogonal ou cilindrico. Liso con diversos motivos Santiños, cadaveras, serpes, escaleiras, martelos..
  •  Colariño- É a unión do fuste co capitel
  • Capitel- De complexa e variada composición. Cadaveras, follas, querubins alados, volutas...
  •  Cruz- Raramente sóa, xeralmente con un Cristo crucificado na sua cara frontal e as costas unha Virxen Maria ou un Santo.

 Podemos clasificalos como:

  • De Encrucillada- Nos cruces dos camiños. Por ser lugares que se consideraban perigosos como puntos de encontro das Cousas do máis alá, Santa Compaña. etc
Nos cruceiros tamén se enterraban a os nenos que morrian sen ser bautizados i que nón se lle permitia ser enterrados nos Campo Santos, por nón ser cristians.
  • De Parada-Estaban nos camiños donde pasaban as procesions e enterros ou nos atrios das igrexas.Cerca das gradas colocabase o cadaleito ou Santo para rezarlle.
  • Expiatorios ou Penitenciales- Son os construidos como penitencia para expirar un delito ou culpa por quen os mandaron construir; e para tanén asi agrabiar o dano causado a terceiras persoas.
  • De Termino- Indican o fin ou comenzo de unha Parroquia.
  • Devocionales- Son os construidos por un particular ou familia como doción por as Almas do Purgatorio. Estes senpre levan inscritos na base o nome da persoa que mandou construilo
  • De Morte- Levantados donde ocurriron mortes traxicas